Resultados

Os másters lánzanse en Pontevedra

Unha das modalidades importantes do noso atletismo tivo esta fin de semana en Pontevedra a súa cita anual ca celebración do Campionato Xunta de Galicia de lanzamentos longos para a categoría máster.

Ata o CGTD de Pontevedra viaxaron un bo número dos nosos e nosas máster para competir nas modalidades de xavelina, martelo e disco.

O máis salientable prodúxose na categoría femenina con María de los Angeles Rodríguez da Atlética A Silva quen quedaba ás portas do récord galego W65 no concurso de martelo ao lanzar ata os 20.64 m. a poucos centímetros do récord de Emilia Mesa. Sobre esta mesma proba, a lanzadora da Gimnástica, Loreto Brea na W45, tamén  efectuaba unha bo campionato lanzando 38.14 m.

Por parte masculina, Javier Viteri do Samertolameu domiñaba a modalidade de disco na que realizaba un bo lanzamento de 41.12 m . José Manuel Almudí na M80, en calidade do máis veterano dos participantes, lanzaba o martelo ata os 31,85 m. nun concurso na que posúe o record galego con 35.29 m.

Por útimo Xulio Ventín do Atletismo Sada, enviaba o martelo na M60 ata os 42.46 m. no seu segundo lanzamento facendo o propio na M65, Santi Ferrer da Gimnástica con 24.51 m. no concurso de xavelina.

Compartir: