Continúa a rolda de contactos e visitas cos distintos concellos, sectores e estamentos que Iván Sanmartín está levando a cabo ca finalidade de cursar as realidades que acontecen nas distintas delegaciones e comarcas da nosa comunidade.
No día de hoxe producíase a visita institucional ao Concello de Sada ca finalidade de tratar diversos temas e amosar o agradecemento e apoio federativo á construción do módulo cuberto que se está rematando na parroquia de Mondego. Na súa visita, na que estivo acompañado polo Presidente do Club Atletismo Sada Fernando Míguez e demáis membros da entidade, púxose en valor o gran impulso que supoñerá tanto para o atletismo do concello para o da comarca o remate desta importante infraestructura. Na visita ademáis, compartiría impresións ca alcaldesa da vila María Nogareda.
De igual modo Sanmartín trasladaría a vontade da Federación Galega de Atletismo na colaboración cas distintas medidas que se poidan levar a cabo entre o propio concello e a UDC de cara a unha mellora no acceso ás instalacións universitarias por parte do colectivo atlético local.