Resultados

Pista, ruta e campo a través para unha intensa fin de semana

Esta fin de semana viviremos unha repleta axenda de actividade atlética que incluirá probas de aire libre, pista cuberta, ruta e campo a través.

Na pista cuberta destaca o Campionato Xunta de Galicia de probas combinadas por clubs que xuntará a un importante número de formacións entre as que figuran o Atletismo Narón, Ames Atletismo, Sociedad Gimnástica, Club Atletismo Sada, Atlética A Silva, Atletismo Rías Baixas, C.D. La Purísima, Riazor Coruña, Xuncas Diversia, Agrupación Viguesa, Maderas Barcia Lourenzá e Club Atletismo Santiago. De maneira paralela a este campionato organizaranse tanto un Criterium Galego de Combinadas como tres sesións de controis de marcas  que centrarán boa parte da actividade atlética da fin de semana.

Na ruta, o Concello de Porto do Son celebra o domingo a súa xa clásica Sin-Son que completará a oferta nesta modalidade xunto á nocturna de Sada, a Pedestre de San Cibrao das Viñas; o campionato provincial ourensá do 10K;  a Carreira de Fin de ano de Mugardos, e a celebración dos 50 anos do Hospital coruñés CHUAC na Coruña.

No campo a través os XOGADE estarán en A Malata, Ourense e Santiago, organizando o San Miguel de Oia o primeiro Memorial Alejandro Gómez na súa proba anual que se achega á corenta e cinco edición.

Por último no aire libre, dous interesantes torneos centrarán toda a nosa atención. O sábado Balaidos celebra o Trofeo anual solidario organizado polo Real Club Celta e o domingo o Atletismo Barbanza o Trofeo de Nadal na pista da Fieiteira.

 

Compartir: