Ca chegada das datas do Nadal, son moitos os concellos que programan e ofertan unha ampla gama de actividades culturais, sociais e deportivas e que atopan no noso deporte a mellor maneira posible de despedir o ano.
Como proba delo, é frecuente asistir nos últimos anos a un importante número de San Silvestre que durante o día 31 toman as rúas das vilas e concellos galegos na procura de despedir os 365 días dun xeito deportivo, pero tamén, festivo, lúdico e sobre de todo participativo. Como sempre a tónica dominante é a gran participación de milleiros de persoas que compiten, moitos deles disfrazados e disfrazdas, na procura dun remate do ano o máis atlético posible.
Os seus comezos
Foi no ano 1961 na localidade de Galdácano onde se disputara a primeira san silvestre datada en España, malia que o evento non tería continuidade, téndose que agardar ata tres anos despois para que un galego, Antonio Sabugueiro, creara unha das primeiras precursoras e unha das máis importantes a nivel mundial – xunto a de São Paulo e a de Nueva York -, a San Silvestre Vallecana.
Desde entón, e xa na nosa comunidade, serían moitas as probas deste tipo que proliferarían co paso dos anos, sumándose ás xa existentes no resto do Estado. Entre elas, contamos para pechar este ano con varias programas entre as que destacamos: