Resultados

Laura Santos, El Mehdi El Nabaoui e C.A.Sada, acaparan os títulos galegos da fin de semana

Laura Santos do Lucus Caixa Rural cun bo rexistro de 34:27 e El Mehdi El Nabaoui do Oriente Atletismo con 31:27, proclamáronse campións de Galicia Absolutos na edición autonómica dos 10K organizada esta fin de semana no Concello de Ames.

Nun día con moita choiva e climatoloxía adversa, clumplíronse os prognósticos con triunfos claros para os gañadores que estiveron acompañados no podio pola internacional Sandra Mosquera do Comesaña con 37:53 e por Isabel Caeiro do Gimnástica de Pontevedra con 38:55. No tocante á categoría masculina, o subcampionato foi parar ao lucense do Lucus Esteban Vila con 31:48 sendo o bronce para Anxo Castro do Vicky Foods con 31:58.

Destácase os sete triunfos obtidos polos atletas do Club Atletismo Sar así como o récord galego de Elvira Tresguerras do C.A.Sar na categoría Máster70 cun rexistro de 1h.12:29

No resto de categorías as gañadoras e gañadores foron:

  • Absoluto. Laura Santos (Lucus Caixa Riral) e El Mehdi El Nabaoui (Oriente At.)
  • Sub23. Alba Pérez ( C.A.Negreira) e El Mehdi El Nabaoui (Oriente At.)
  • Sub20. Isabel Caeiro (S.Gimnástica) Yago I.García (Santiago At.)
  • Máster35. Victorina Losada (Ourense At.) e Rubén Caamaño (C.A.Sar)
  • Master40. Rocío Alvite (C.A.Sar) Rubén Diz (Ourense At.)
  • Máster45. Raquel Ramos (A.D.Olimpia) e Alejandro Pesado (C.A.Sar)
  • Máster50. Mª Aurora González (C.D.Pinarium) e Manuel Oliver (C.A.Sar)
  • Máster55. Manuela Rodríguez (CD La Purísima) e Manuel Suárez (C.A.Sar)
  • Máster60. Luz Mª Domínguez (Burgas Ou.) Manuel Suárez (Vet.Samil)
  • Máster65. Ramiro Pérez (C.A.Sar)
  • Máster70. Elvira Tresguerras (C.A.Sar) e Xosé L.Otero (C.A.Santiago)
  • Máster75. Manuel Míllara (Comesaña SC)

 

Copa de Galicia de Clubs máster

O sábado día 22 as pistas do CGTD de Pontevedra deron acollida á disputa da IV Copa Xunta de Galicia de Clubs máster que tivo na formación do Club Atletismo Sada o triunfador en ambas categorías.

A entidade das Mariñas, que partía como clara favorita, domiñou esta cuarta edición que situaba de igual modo ao Atletismo Narón en mulleres e homes, na segunda posición desta Copa máster.

Completaba o podio na categoría masculina o Club Atletismo Santiago sendo a cuarta posición para a S.D. Compostela.

A nivel individual destacamos os catro récords de Galicia logrados por Laureano Martínez do C.A. Sada nos 400 v. da M55 con 1:05.04; os 2.80 m. na pértega de Xulio Ventín da Gimnástica na M60; os 24:39.51 de Eliseo García do C.A.Sada nos 3.000 marcha M50 e os 17:15.49 de Manuel Treus do Atletimo Santiago nos 3.000 marcha M55.

 

Compartir: