Resultados

A Comisión Xestora aprobou o calendario de campionatos 2023

A Comisión Xestora da Federación Galega de Atletismo, ven de aprobar as datas do calendario de competicións dos distintos Campionatos Xunta de Galicia para o ano 2023.

A falta dalgúnhas citas por incluir, destacan as datas de 15 de xaneiro na que terá lugar o Campionato Xunta de Galicia de campo a través. Una semana despois será a pista cuberta de Expourense quen acolla o absoluto indoor para dar paso xa o día 17 de xuño, a disputa do autonómico absoluto de aire libre.

Outras datas importantes, neste caso para os clubs, serán a Copa Xunta de Pista Cuberta prevista para o día 7 de xaneiro e o Campionato Xunta de Galicia de Clubs de aire libre que poderemos presenciar o día 22 de abril.

Novidades

Como novidades, este ano a RFEA obriga a pechar a consecución das marcas mínimas para os Campionatos de España cunha antelación de quince días o que obrigou á comisión a ter en conta esta importante premisa no encadre das datas no calendario autonómico. De igual modo, a propia RFEA, logo da súa proposta e aprobación a nivel asemblear, ´libera¨ de toda actividade competitiva os días 17 e 18 de xuño co obxecto de favorecer a celebración dos distintos campinatos en todas as Comunidades.

 

Compartir: