Resultados

Gimnástica de Pontevedra e Atlética Lucense, os máis prolíferos

A Sociedad Gimnástica de Pontevedra na categoría feminina cun total de 757,5 puntos e a Escola Atlética Lucense na masculina con 805 p. , encabezan a relación de equipos con máis puntuación obtida durante a disputa dos distintos Campionatos de Galicia desenvoltos no ano 2021.

Estos son os datos que arroxa o estudo elaborado na que se analizaron os oito primeiros postos de cada un dos campionatos galegos disputados na nosa Comunidade ao longo do ano 2021

Xunto ás pontevedras e dun total de máis de 125 clubs, sitúase a Escola Atlética Lucense con 599 p., seguido do Club Atletismo Sada con 583 p. e do Atletismo Femenino Celta con 560 p.

No tocante a categoría masculina son o Real Club Celta con 722 p. por diante do Club Atletismo Sada con 656 p. e da Sociedad Gimnástica con 597 p. quenes siguen na relación ao conxunto lucense.

En canto á clasificación conxunta de ambas categorías, ao fronte da lista atopamos á Escola Atlética Lucense, seguido polos pontevedres da Gimnástica, o Celta (sumando puntos do RCC e do AFC) Club Atletismo Sada, ADAS Proinor (agara ADAS CUPRA), Ourense Atletismo, Atletismo Narón e Atlética A Silva.

 

Compartir: