Unha exposición rende homenaxe a Luis Nogueira no seu concello de Vilamartín

No día de hoxe inaugurouse a exposición que rendirá homenaxe ao noso querido Luis Nogueira quen fai un ano deixábanos deixando tras de se un inmenso baleiro.

Baixo o título “O seu destino era chegar a ser o que foi” inaugurabase no Centro Cultural Santa Lucía de Vilamartín esta exposición que segundo os seus promotores  “Ademáis de deportista, Luis era aficionado á lectura, á escritura, á fotografía, amante da súa terra, da natureza, de conectar coa xente… De todas estas experiencias proceden as fotos e os escritos que se amosan na exposición e que pretenden reflectir o seu modo de ser e vivir”.

Así visitando a mostra poderá facerse un percorrido pola súa vida e “poderémonos achegar a algúns obxectos persoais ou a elementos que empregaba nas súas competicións deportivas”

A exposición estará aberta dende o 5 de agosto ata primeiros de setembro e poderá visitarse de 19. a 21h. de luns a venres.

Éxito de público

Xa no día de hoxe contouse cunha gran cantidade de asistentes achegados tanto do mundo do atletismo como de todo os eidos polos que Luis tomaba parte e que poñen de manifesto o inmenso legado de cariño e admiración que a súa figura, sempre viva, conserva.

 

Compartir: