Resultados

Fin de semana con catro importantes campionatos autonómicos

Comeza pouco a pouco o calendario galego de campionatos a recuperar a normalidade e o fai ca disputa esta fin de semana de nada menos que de catro importantes campionatos galegos.

O CGTD de Pontevedra será sede o sábado do Campionato Xunta de Galicia de Lanzamentos Longos máster, así como sede o domingo do Campionato de lanzamentos longos de menores que xuntarán entre os dous días a máis de cento cincuenta lanzadores e lanzadoras.

Entre os inscritos e incritas destacadas estarán os recentemente medallistas no pasado Campionato de Europa Máster de Braga Javier Viteri do Samertolameu quen tomará parte no concurso de xavelina e disco, Carlos Almudí do At. Narón e Jose Almudí do ADAS CUPRA que o farán sobre o martelo e Ana Abuín da Atlética A Silva quen lanzará no concurso de disco.

Por parte do Campionato de menores tamén contaremos ca presenza destacada de Eric Méndez  quen concursará na xavelina, Daniel Loureiro, Bran Núñez, Nicolás Ortega,  Gema Dacosta e Blanca Pereira en disco, así como Marta Hermida e Marta Neira en martelo.

A pista cuberta organiza uns dos últimos campionatos

Xa nos campionatos que veremos na pista cuberta de Expourense, o sábado pracudiremos a unha auténtica festa do atletismo galego nas categorías base do noso deporte onde preto de dous mil nenos e nenas, tomarán parte desde as 10:30 horas ata as 19:40 nesta importante cita correspondente ao Campionato Xunta de Galicia de Pista cuberte Sub10/ Sub12 e Sub14.

Por último e dando paso ao domingo, outro non menos interesante campionato levarannos desta vez ata a disputa da Copa de Clubs máster na que total de trece equipos en ambas categorías, disputarán o trofeo. Entre os mesmos se atopa o conxunto feminino do Samertolameu quen intentará reter o título logrado en Riazor no ano 2019.

A ruta tamén conta con importantes ofertas

A maiores a oferta da fin de semana complétase ca I Carreira e Andaina da Muller en Pereiro de Aguiar, Control FGA de Aire Libre  en Pontevedra, XII Carreira do Cocido en Lalin e a  IX Carreira Popular “AECC en marcha – Contra o cancro, corre por Ferrol” en Ferrol

Compartir: