Resultados

A Pobra do Caramiñal encheuse de Campo a Través

Novamente foi o Concello de A Pobra do Caramiñal a sede dun extraordinario Campionato Xunta de Galicia de Atletismo

Desta vez foi o Circuito de Cabio o encargado de acoller aos máis de mil douscentos atletas que se deron cita para tomar parte nas distintas carreiras de campo a través que se disputaron ao longo de todo o fermoso día.

A macro xornada daba comezo xa na mañá con saída para os máis pequenos do noso deporte quenes tomaban parte nun Memorial Alejandro Lorenzo que se achegaba xa á súa vixésima quinta edición.

Nunhas probas moi concorridas e con saídas por grupos, os gañadores na categoría Sub10 foron Claudia Álvarez e Antón Fernández da Atlética Lucense así como Lena Curras do Vila de Cangas e Pablo Barreiro do Pinarium na Sub12. Por último resultarían vencedores da categoría Sub14 Sabela Castelo do San Miguel de Marín e José Manuel Arufe do Atletismo Noia.

Por equipos o conxunto ourensá da La Purísima facíase co título na categoría Sub10 feminina logrando o Atletismo Narón a masculina. O Vila de Cangas lograba os primeiros postos na categoría feminina Sub12 e masculina Sub14, sendo no resto de categorías o triunfo para o Ría de Foz na Sub12 masculina e a Atlética Lucense na Sub14 feminina.

Unha vez rematado o Memorial, dábase de seguido a saída aos atletas das categorías Sub16 proba na que resultaron gañadores sobre unha distancia de 2.500 m. Amparo Corredoira da A. Lucense e Alex Sierpes do Trega. Remataba esta xornada de mañá ca proba dos Sub18 na que se coroaron campións galegos unha imparable Xela Martínez da Atlética Lucense e Sergio Quintáns do club La Purísima.

Xa na tarde e continuando cun tempo propio do verán, foron os atletas das categorías máster quenes competiron baixo unha distancia de 5.500 m. resultando gañadores por categorías:

  • Máster35. Zelinda Spencer (Oviedo At.) e Nuno Ribero Pinto (SD Compostela)
  • Máster40. Rocío Alvite (C.A.Sar) e Amador Pena (SD Compostela)
  • Máster45. Rebeca Soto (A. Narón) e Alejandro Pesado (C.A.Sar)
  • Máster50. Julia Vaquero (SD Compostela) e Daniel de la Torre (SM Marín)
  • Máster55. Paz Peña (Entrenarruning) e José Suárez (C.A.Sar)
  • Máster60. Carmen Novo (LUCUS CR) e Manuel Suárez (Vet. Samil)
  • Máster65. Begoña de Arriba (Egovarros) e José Jardón (Vete.Samil)
  • Máster70. Xosé Lois Otero (SD Compostela)
  • Máster75. Manuel Millara (Comesaña SC)

Por equipos femininos resultaron gañadores nas distintas categorías os conxuntos do Atletimo Sar e o Atletismo Narón sendo na masculina o triunfo no colectivo para SD Compostela, ADAS CUPA e Veretanos de Samil

Compartir: