Recentemente ven de sair á luz o novo libro de Emilio Navaza ¨Mas allá de la meta¨ (Editorial Alvarellos) na que o importante e destacado xornalista aborda a través de vintetrés crónicas entretidas e áxiles, algúns dos momentos máis importantes da historia do noso atletismo no ano da conmemoración do centenario da Federación Galega de Atletismo.
As pioneiras Nela Souto, Natacha Astray e Luisa María García, terán un importante protagonismo nesta obra na que tampouco se esquece a Javier Alvarez Salgado, Carlos Pérez, Tito Margaride ou Alejandro Gómez por citar só algúns. Todos elos convivirán nesta importante testemuña do noso pasado histórico con grandes lendas mundiais que dalgunha ou outra maneira tiveron vinculación co noso atletismo como os míticos Edwin Moses, Rosa Mota ou Said Aouita.
O Comesaña, o Real Club Celta, a Carreira Popular de Santiago, a San Martiño a Carreira do Pavo… terán tamén un importante apartado nesta serie de crónicas que reflexan ¨superación, constancia e esforzo, os tres grandes valores do atletismo¨
O autor, Emilio Navaza
Emilio Navaza pasa por ser un dos máis importantes e prestixiosos cronistas do noso deporte. Docente de profesión, encamiñaba os seus pasos cara ao xornalismo nos que se especilizaba en información deportiva, amosando de maneira inmediata un gran interese polo noso deporte. Entre as súas publicacións caben citarse varios libros como ¨Gallegos en la gloria Olimpica¨, ¨La voluntad de hierro¨ (1992) ou ¨Los gallegos de Barcelona 92 año olímpico¨ (1996) entre outros
No ano 2003 a Federación Galega de Atletismo concedíalle a súa máxima condecoración, a Insignia de ouro, a quen se lle suma outros importantes méritos como os da Medalla Pierre de Coubertine entregada pola Academia Olímpica Española no 2013 ou o certame dos IV Premios Galicia de Xornalismo Deportivo en modalidade de radio no 2008.
Para o Presidente da Federación Galega de Atletismo Isidoro Hornillos, ¨É todo un auténtico luxo poder contar ca enorme calidade narrativa e documental de Emilio Navaza quen cas suas múltiples publicacións, e traballos está contribuindo dun xeito extraordinario a perservar o noso gran legado histórico repleto de marabillosas historias, que como a vida mesma, están formadas de grandes éxitos, logros e triunfos pero tamén doutros non menos momentos duros, complicados e difíciles. Quero expresar o meu recoñocemento público ao seu gran traballo sen esquecer a outras moitas persoas que de igual modo puxeron a súa paixón, amor e enerxía á documentación do noso legado e entre os cales quixera citar a Alfonso Posada e a Joaquín Allende.¨