Susuna Rodríguez Gacio protagonista no día do Atletismo en Mondoñedo

Susana Rodríguez Gacio será nomeada filla predilecta da vila de Mondoñedo este sábado 18 nunha intensa xornada deportiva, organizada polo Concello de Mondoñedo e que contará coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, que estará presente nas diferentes actividades.

A organización da xornada será do seguinte xeito:

  • Ás 11:00 horas Charla coloquio na que participarán Susana Rodríguez, Celso (o seu guía en atletismo), Luis Piña (adestrador de Susana e Celso) e Ramón Troncoso (adestrador).
  • Ás 12:30 horas, nomeamento de Susana Rodríguez Gacio como FILLA ADOPTIVA PREDILECTA de Mondoñedo.
  • Ás 16:·30 horas, sesión práctica na Alameda dos Remedios.

Todo aquel/a que queira participar nas diferentes actividades, pode anotarse nesta ligazón

Exemplo de superación e referente no atletismo

A atleta Paralímpica de orixe mindoniense, será homenaxeada co maior recoñecemento do Concello de Mondoñedo, á vez que dende o equipo técnico da propia atleta e a área de deportes do Concello, estase traballando en diferentes posibilidades para a promoción do deporte na vila.

Dende a Federación Galega de Atletismo, o noso recoñecemento a Susana Rodríguez Gacio, así como ao Concello de Mondoñedo pola súa promoción permanente do deporte.

 

Compartir: