A Federación Galega agárdavos na súa Gala Centenario

O vindeiro venres 17 de decembro a Federación Galega de Atletismo desenvolverá a súa gala máis especial.

A celebración este ano dos cen anos da creación e constitución da entidade, quere ser un motivo especial de homenaxe e recoñocemento a todas e todos cantos contribuiron ao longo destes anos, a un maior desenvolvemento e engrandecemento do noso deporte na sociedade Galega.

Por tal motivo, e a diferencia doutros galas, esta centrará o seu foco nos distintos estamentos atléticos, institucións, organismos e medios que veñen apoiando ao noso deporte desde os seus distintos campos de actuación.

A presenza de varios dos nosos olímpicos pasados e presentes, irá acompañada da premiación e homenaxe a varios dos nosos clubs, adestradores e xuíces, todo elo dirixido por Terio Carrera quen actuará en calidade de presentador.

O acto desenvolverase ás 20.00 horas no Auditorio de Lalín e desde a Federación quérese convidar a todas cantas persoas desexen acudir a este importante acto que pretende culminar un ano moi especial para o atletismo galego.

Todas e todos cantos desexedes acudir podedes facelo ata o 14 de decembro no seguinte enlace de confirmacións

¡AGARDÁMOSVOS!

Compartir: