Resultados

Contínua o traballo da Comisión Fisiocovid da Federación

O pasado día 27 e 28 os membros da Comisión COVID da Federación Galega de Atletismo, mantiveron unha serie de xuntanzas telemáticas co obxecto de traballar sobre as distintas actualizacións e alternativas solicitadas pola Secretaria Xeral para a adecuación do Protocolo COVID-19

Desas xuntanzas, sairía un documento remitido á Xunta e sobre o cal, o máximo organismo autonómico solicitaba medidas alternativas ao emprego da máscara que serían implementadas e reenviadas novamente por parte da Federación. Entre algunhas desas medidas reenviadas, solicitábase, a autorización para poder organizar saídas en grupos de 300 participantes nas probas de ruta sen límites de grupos, ou a cancelación de calquer tipo de restrición nos eventos nos que se esixa un certificado de vacinación, de superación de enfermidades ou de acreditación de test (PCR, antíxenos, saliva…)

Na actualidade, estase agardando á resposta que se de por parte da Secretaría Xeral a esas medidas cuxa aprobación, podería supoñer unha importante flexibilización nas limitacións que neste momento se están dando nas probas oficiais.

Compartir: