Convocada a Selección Galega Sub16

A Dirección Técnica logo da consulta ós distintos/as responsables dos diferentes sectores da FGA, ven de facer pública a selección Galega que tomará parte o vindeiro 10 de outubro no Campionato de España Sub16 en Idade Escolar.

Esta cita terá lugar na cide manchega de Cuenca, e a ela acudirán unha trintena de galegos e galegas con moitos desexos de competir logo de que o ano pasado non se poidera celebrar polas circunstancias sanitarias.

O combinado galego deste ano está formado por un importante equipo no que destaca a presenza das campioas de España Sub16 do pasado mes de xullo en Lleida,  Xela Martínez da Atlética Lucense quen tomará parte na proba dos 3.000 m. e  Antía Pernas do Lucus Caixa Rural Galega quen o fará sobre a proba de velocidade dos 100 m. De igual modo tamén están seleccionadas as medallistas no citado campionato Gema Dacosta do Vila de Cangas en Peso; Alicia Barreiro do Ría Ferrol nos 300 m. e de Lisa Vosberg do AVA no concurso de Pértega.

Confirmacións

Todos/as os/as atletas deben confirmar ou non a súa participación no enlace de confirmación antes das 23:59 horas do 12/09/2021

Normativa, permisos e Selección

Compartir: