A mellor marcha mundial pasou polos Cantones

Novamente o Gran Premio de Marcha Cantones de A Coruña. Trofeo Sergio Vázquez remataría cun enorme éxito tanto no organizativo como no deportivo.
Polas rúas coruñesas, o máis importante e destacado do panorama mundial da marcha dariase cita unha edición máis, para tomar parte na mellor proba do mundo declarada pola Word Athletics Patrimonio Mundial do Atletismo.
Como é habitual o nivel de rexistros e a calidade individual de cada un dos marchadores foi o mais salientable.
Na categoría feminina o triunfo foi para á marchadora colombiana Sandra Lorena Arenas quen lograba a primeira posición cun rexistro de 1h.28:24. Tras dela e completando postos de podio entraraban a mexicana Alegna González con1h.28:40 ea brasileña Erika Rocha a vinte segundos da gañadora da proba.
A primeira galega en cruzar a línea de meta sería Carmen Escariz quen lograba un rexistro de 1h.39:36. Antía Chamosa pola súa banda era descualificada mediada a carreira polo que tería que abandoar a competición
Nos homes o español Diego García proclamábase gañador desta edición, logrando o triunfo cun rexistro de 1h.19:37 e impoñénsose ao sueco Perseus Karlstrom por sete segundos. A terceira posición foi para o tamén marchador hispano Alvaro Martín quen lograba entrar na línea de meta nun tempo de 1h.19:59.
O primeiro marchador galego foi Daniel Chamosa no posto 34º, mellorando amplamente a súa MMP ao rematar cun tempo de 1h:24.15
Durante a celebración da proba, Concello e Federación entregarían unha placa ao difunto Jordi Llopart, que sería recollida polo seu irmán Moisés, en recoñecemento e admiración a súa importantísima traxectoria atlética e divulgativa desta modalidade.