A marcha e as combinadas coparon esta fin de semana os distintos campionatos galegos que se desenvolverían na nosa comunidade.
Na primeiro deles o Campionato de Galicia de Marcha en ruta, e como era previsible, os irmáns Antía e Daniel Chamosa da Sociedad Gimnástica, proclamáronse campións galegos absolutos no circuito urbán da Pobra do Caramiñal logo de invertir un rexistro de 42:34 e de 46:46 respectivamente sobre a proba dos 10 km. marcha.
Xunto eles conseguiron postos de podio na categoría absoluta Carmen Escaríz do Ourense Atletismo e Iria Rivas do Ría Ferrol-CCA na categoría feminina así como Juan Manuel Morales do Marineda e Hugo Mártinez do Lucus CRG na masculina.
No resto de categorías os campións galegos serían:
- Sub18. Ismael Díaz do C.A.Sada con 52:11
- Sub20. Alba Pérez do C.A.Negreira con 56:53 e Hugo Martínez do Lucus CRG con 50:45
- Sub23. Antía Chamosa da S.Gimnástica con 46:46
- M40. Juan Manuel Morales Marineda con 45:08
- M45. Emilia Rodríguez do Trega con 58:37 e Manuel Polo do A.Narón con 52:55
- F55. Raquel Fernández do Ourense At. con 1h.24.13.
Triunfos para Atletismo Femeino Celta e Sociedad Gimnástica no galego de clubs de combinadas
Do mesma meneira as pistas do CGTD de Pontevedra acolleron durante o sábado e o domingo o Campionato de Galicia de Probas combinadas por clubs onde resultarían gañadores o Atletismo Feminino Celta en mulleres e a Sociedad Gimnástica de Pontevedra en homes.
Por parte do combinado céltico feminino puntuarían as atletas Alicia Merino, Carlota Salgado e Valeria González sendo Luis Mariño, Oscar Montegudo e Matías Moldes os que daban o título aos pontevedreses.
Destacado resultaba a participación do equipo de A Silva quen lograba o terceiro posto en mulleres e o subcampionato en homes, completando postos de honra a Atlética Lucense co subcampionato galego na categoría masculina.