O sábado será o día onde as nosas e os nosos Sub16 acudan a Expourense a tomar parte no seu Campionato de Galicia de pista cuberta á que acude un nutrido e importante número de atletas achegados de todos os recunchos da nosa comunidade.
Na relación de inscritas e inscritos, destaca a participación nos 60 m. tanto de José Novoas do ADAS Proinor como de Martín Vázquez do Lucus Caixa Rural quenes acuden ca mellor marca dos participantes de 7.54 e 7.66 respectivamente. Na categoría femenina é Antía Pernas do Lucus Caixa Rural, quen amosa o mellor rexistro das participantes.
De igual modo disputada será tamén na categoría masculina os 300 m. onde toman parte tanto Javier Trillo do Ourense Atletismo con 37.14 como e Fabian Vidal do Barbanza con 37.47. Nas mulleres o papel de favorita será para Alicia Barreira do Ría Ferrol quen terá na estradense Arauia Al Bachere, que tamén toma parte nos 60 m., a unha dura opoñente.
Nos concursos, Nayr Cortegoso do Val Miñor na lonxitude podería chegar a barreira dos 5 m. da que a separan tan só tres centímetros. Sobre esa distancia sitúanse na categoría masculina Andrés López do Lucus Caixa Rural Galega con 5.24 e Alejandro Jiménez do Millaraio con 5.07 m.
O triplo estará un pouco mas aberto en ambas categorías. Julia Parcero de A Silva e Priscila Sánchez do Universidade de Santiago están separadas por apenas un centímetro. Nos homes a igualdade é ainda maior xa que tanto Andrés López do Lucus Caixa Rural Galega como Lucas Dagnec do Millaraio comparten a mesma marca de 10.87 m.
En pértega Lisa Vosberg do AVA con 3.22 e Javier Malingre do Ourense Atletismo con 3.30, lideran ampliamente este concurso ao igual que en altura o fan Noel Ferraces do Millaraio con 1.55 m. e Aldara Basteiro do ADAS Proinor con 1.52 m.
A ausencia de Adriana Rial dos valos da unha lixeira ventaxa a Marina Pérez da Gimnástica quen acredita 10.42. Nos homes será Martín Vázquez do Lucus Caixa Rural o atleta a batir sobre esta distancia..
Por último nos lanzamentos, Gema Dacosta do Vila de Cangas con 11.27 m. e Brais Díaz da Atlética Lucense con 11.94 m. parten en principio como favoritos ao título galego grazas aos seus mellores rexistros.
Campionato de Galicia de Probas Combinadas
Durante a fin de semana tamén se estará disputando o Campionato de Galicia de probas combinadas con participación destacada de Adolfo Sáinz Maza do Real Club Celta que intentará reeditar o título absoluto logrado o ano pasado na pista cuberta. Xunto ao lucense estará o subcampión galego absoluto de aire libre Nicolás Arias da Atlética lucense e o subcampión galego máster 50 José Luis Domínguez do AVA.
Na categoría Sub16, tomarán parte as tres medallistas do galego de aire libre do ano pasado e onde Marta Lázara do Deza, Nadia González de A Silva e Irene Vázquez do Atletimo Narón loitarán por mellorar rexistros e marcas.
Foto La Voz de Galicia. Marta Lázara