Resultados

Atracón de Campionatos de Galicia nesta fin de semana

Intensísima actividade de Campionatos de Galicia nesta fin de semana onde poderemos disfrutar, xunto aos campionatos de España, de toda unha ampla oferta que terá como centro de atención a pista cuberta de Expourense e as pistas do CGTD de Pontevedra.

En concreto o recinto cuberto será escenario da disputa dos Campionatos de Galicia Máster o sábado 27; o Campionato de Galicia de Probas Combinadas Máster e Sub20/Sub18 o sábado 27 e domingo 28 así como o Campionato de Galicia Sub18/Sub20 e Sub23 o domingo 28.

Nestas citas contaremos ca presenza destacada de Alba Cuns quen tomará parte no concurso de triplo e onde acude ca mellor marca nacional Sub18 do presente ano con 12.55 m. No concurso de pértega tamén estará a actual campioa absoluta Lola Bouza do ADAS Proinor que ven de saltar recentemente ata os 3.56 m. Por parte masculina entre outros estarán sobre os valos David Vicente na Sub18 quen acude ca sétima mellor marca nacional da tempada. Alex Barreiro en triplo será outras dos focos de atención logo da súa medalla de prata do nacional Sub23 e o seu sexto posto no nacional absoluto.

Na velocidade presenza da recente plusmarquista galega Sub18 sobre os 200 m. con 25.33  Ainhoa Reparaz do Val Miñor quen estará na línea de saída tanto dos 60 m. como nos 200 m.

Nas combinadas máster de pentathlon participación do actual campión galego absoluto Carlos Ferrer do Atletismo Narón destacando no de Combinadas Sub20 e Sub18 o concurso de Lucía Sánchez del Valle  da Atlética Lucense.

De igual modo un total de 254 atletas da categoría máster, moitos deles medallistas nacionais e internacionais, estará no recinto de Expourense tomando parte na súa cita anual de inverno.

Entre os mesmos contaremos ca participación de Emma Valencia do Celta quen estará tomando parte nos 60 valos, María de los Angeles Rodríguez de A Silva lanzará en peso así como a medallista internacional en marcha Rosa Sierra do Atletismo Sada quen tomará parte en lonxitude.

Pola súa banda as pistas do CGTD acollen a disputa do Campionato de Galicia de inverno de lanzamentos Sub16 e Sub18 xunto ás probas dos 400 m, 800 m., e 1.500 m. correspondentes ao Campionato de Galicia Sub20 e Sub23 que por motivos COVID teñen que ser efectaudos ao aire libre

No galego de lanzamentos, serán 59 os atletas que se den cita entre os que se atopa a recente campioa de España da modalidade longa de menores Marta Neira do AVA quen estará no concurso de martelo. Xunto ela, o tamém medallista de bronce neses mesmos campionatos, Nicolás Ortega do Coruña Comarca, lanzará en disco na categoría Sub18.  Blanca Pereira do Ourense Atletismo terá unha boa oportunidade para amosar a súa categoría e estar na loita polo título.

A maiores, toda esta oferta competitiva complementarase o domindo 28 co desenvolvemento de dous controis de marcas  tanto na pista cuberta en Ourense, como na de aire libre en Pontevedra.

Compartir: