Espectacular Campionato de España de lanzamentos longos de menores o desenvolto no día de hoxe polas nosas e nosos atletas en Castelló
Nada menos que un total de catro medallas e catro postos de finalistas lograrían os oito atletas galegos e galegas que acudiron a esta cita á que se achegaron os mellores especialistas do estado na procura de bos rexistros.
Non cabe ninguna dúbida que estes resultados fan mirar con moito optimismo ao sector de lanzamentos da nosa comunidade que continuará grazas a esta impresionante xeneración e ao gran traballo dos adestradores, dando moito que falar nos seguintes lustros.
Catro medallas e tres finalistas
No apartado de medallas novamente Irene Gómez volvía amosar a súa importante progresión que está a facer desta atleta Sub20 un claro referente de futuro inmediato. A lanzadora internacional e campioa de España Sub20 e prata no nacional longo de inverno, melloraba en catro centímetros a súa mellor marca chegando ata os 55.42 m. e quitando preto de catro metros a segunda clasificada.
María Pena do A.F.Celta confirmaría neste campionato o seu excelente nivel que a levarían no concurso de xavelina Sub20 a lograr unha fantástica medalla de prata cun mellor lanzamento de 43.59 m. O concurso cargado de moitísima emoción e calidade, tivo que agardar ata o último intento da galega para que dun formidable trallazo, se puxera no podio e xa de paso, mellora en prácticamente metro e medio a súa MMP do 2019.
Nicolás Ortega lograba outra nova medalla no campionato, desta vez de bronce en disco Sub18, grazas ao seu mellor intento de 53.24 m. Excelente campionato para o coruñés quen mellora amplamente a marca de 49.93 m. ca que se achegaba a esta cita e que pon en valor a súa excelente capacidade competitiva.
A última das medallas viría da man de Marta Neira do AVA quen faría voar o martelo ata os 54.39 m. para acadar con moita superioridade o título nacional na categoría Sub18. Con este posto, mellora o bronce logrado o ano pasado confirmandoa como outra dos importantes valores do martelo a nivel nacional.
Na categoría másculina Eric Méndez do Celta ocupaba posto de finalista no concurso de martelo Sub20 cun mellor lanzamento de 58.46 m. mellorando a súa marca no que é o debut nesta nova categoría do céltico.
Outra das xavelinistas que tomaban parte na categoría Sub18 era Laura Rico do Ría Ferrol que lograba posto de finalista ao acadar a oitava posición con 30.81 m.. A ferrolá debutaba nesta nova categoría logo de acadar o ano pasado o título de campioa Sub16 da modalidade.
Bo campionato tamén o relizado pola lanzadora Sub20 do Celta Paula Piñón, quen tomaba parte nada menos que en dúas probas. Na primera delas lograba un sexto posto en xavelina con 38.75 m. así como unha oitava posición en disco con 34.24 m.
No apartado de infortunios, Blanca Pereira do Ourense levaría a pior parte no día de hoxe. A talentosa atleta que aspiraba a podio, non foi capaz de realizar ningún lanzamento válido no círculo de martelo o que a levaría a rematar a proba sen marca acreditada. Estamos convencidos, que desta experiencia sairá unha excelente aprendizaxe que servirá para seguir medrando.