Aprobado o Calendario de pista de inverno

No día de onte os órganos de goberno competentes da Federación Galega de Atletismo aprobaron a modificación do Calendario de Campionatos de Galicia de Inverno en pista como consecuencia das novas medidas sanitarias aprobadas recentemente polo Goberno da Xunta.

Non foi nada doado encadrar as diferentes datas e probas habida conta das datas tan avanzadas nas que estamos. Este motivo obrigrou a ¨espremer¨ ao máximo cada fin de semana na procura de que cada categoría tivera o seu campionato, eso si, adaptados sempre as diferentes normativas sanitarias e facendo que tanto este mes como marzo, veñan cargados de campionatos e controis.

As medidas sanitaras seguirán obrigando a efectuar probas de medio fondo e fondo das categorías Sub10, Sub12, Sub14 Sub16, Sub18, Sub20 e Sub23 e máster ao aire libre e cuxo escenario seguirá sendo, como ata o de agora, as pistas do CGTD de Pontevedra

Efecturase test de antíxenos no Campionato Absoluto

Como nota destacada compre salientar que no día de onte a Xunta de Galicia comunicaría a autorización para a realización dos test de antíxenos no Campionato de Galicia  Absoluto, o cal permitirá o desenvolvemento das probas de rúa libre no recinto cuberto xunto ao resto de actividade competitiva. Por tal motivo, o Comité COVID atópase efectuando intensas xestións para determinar de que meneira, forma e medida se van poder desenvolver estos test, estando sobre a mesa varias opcións das que iremos informando a medida que se vaian concretando.

Data clave

Como xa indicamos, todos os campionatos terán cabida nesta apretada axenda invernal cuxa data importante será o 14 de marzo co desenvolvemento do Campionato de Galicia Absoluto.  De igual modo os máster, os menores, os lanzamentos e as combinadas contarán ca celebración das súas citas autonómicas.

Calendario FGA

Compartir: