Seis medallas e un récord de España no nacional de marcha en ruta

Novamente as nosas e nosos marchadores volveron a destacar na disputa do Campionato de España de Marcha en Ruta desenvolto durante esta fin de semana en Sevilla. O balance: seis medallas e un récord nacional.

Selección galega

A Selección galega acudía a este campionato con moita ilusión e gañas de facer un bo torneo. A ela acudía tanto a Selección masculina como feminina nos 10 km. quenes ocuparon a sexta posición.

O mellor marchador masculino foi  Hugo Martínez  quen entraba no vixésimo primeiro posto con 47:53. Xunto a él, no 33º Roi Surribas  50:40; 36º Ismael Díaz  51:42; 37º Brais Suárez  52:12 e Carlos Bautista  54:02 no 44º.

No tocante as mulleres a mellor sería Alba Pérez no posto décimo oitava con 55:51, estando acompañada por Rita Vázquez no posto 21ª con  55:58 e Salomé Segade no 25ª con 57:43 e co abandono de Sofia Campos

Os mellores resultados chegarían dos nosos Sub16 onde o equipo masculino quedaba as portas do bronce sendo Pablo Sánchez o primeiro dos galegos en entrar na línea de meta na sexta posición con 24:24. O resto de integrantes quedarían nos postos 14º para Andrés González con 25:33 e o 19º de Elías Klein con 26:54

Sen dúbida foi a selección femenina Sub16 quen centraría toda a atención xa que por equipos lograban un sensacional subcampionato de España cedendo só ante a potente selección catalana. De igual modo Oleksandra Kostenko entraba cun crono de 24:54 no terceiro lugar logrando o bronce individual . Os postos das restantes marchadoras foron de 8ª para Natalia Rivas 26.10; 14ª para María Martín  26:43 e de 23ª Aldara Meilán 28:06.

Campionato Máster

Pleno total dos máster no nacional da súa modalidade. Os catro marchadores que viaxaron ata Sevilla volveron cada un cunha medalla que pon de manifesto o importante nivel desta categoría.

Emilia Rodríguez do Trega proclamaouse campioa de España na categoría master 45 cun rexistro de 2h.00: 06 engadindo un novo metal máis ao seu amplo palmarés nacional.

Juan Morales do Marineda facía o propio na proba dos 20 km. máster 40 establecendo un formidable rexistro de 1h.32:35 e de paso logrando un novo récord galego da proba. Nesta mesma categoría sería segundo, e por conseguinte subcampión nacional, José Fernández do R.C.Celta quen chegaba por detrás do marchador do Marineda con 1h.35.32

A cuarta das medallas iría parar a Manuel Polo do Atletismo Narón quen nos 20 km. máster 45 marcaba un rexistro de 1h.42:33 servíndolle para lograr a prata nacional na súa categoría

Campionato de España de 50 km. e 35 km.

Antía Chamosa foi a protagonista no campionato nacional celebrado sobre os 35 km. A internacional da Gimnástica lograba parar o reloxo nuns fantásticos 2h.58:22 establecendo un novo récord de España Sub23 da proba e converténdoa nunha das marchadoras con máis proxección sobre esta distancia que será desde este ano, a proba oficial en sustitución dos 50 km.

Tanto Iria Rivas do Ría Ferrol nos 35 km. como Daniel Chamosa da Gimnástica nos 50 km. acabarían abandonando as súas respectivas probas.

Compartir: