O atletismo da comarca de Vigo, contará cun módulo cuberto segundo anunciaba no día de hoxe o Presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijoo nunha comparencia efectuada na cidade olívica ante os distintos medios de comunicación, Federación Galega e estamentos atléticos da cidade.
O presidente sinalou que a infraestructura ¨executarase simultáneamente¨ coa ampliación de IFEVI, será cuberta e ¨permitirá adestrar todos os días do ano¨. Sinalaba ao respecto que contara con ¨unha recta de atletismo de sesenta metros con seis rúas e catro zonas diferenciadas para a práctica de catro modalidades: salto de lonxitude, triplo salto, lanzamento de peso, salto con pértega e salto de altura¨
A construción deste importante módulo, complementará á pista de Balaidos da que indicaba que ¨…tentamos reformala dende 2011 non sendo posible pola situación urbanística de Vigo¨ volvendo a por de manifestó o compromiso da Xunta para a súa mellora.
A ubicación, que será no IFEVI, terá un prazo de licitación de seis meses e chegará logo de transcurridos doce anos dende o convenio asinado por Xunta e Concello para a construcción dunha instalación cuberta.
Esta nova infraestructura homologada, sumarase as xa existentes en Ourense, A Coruña e Lugo e dará resposta a moitos anos de demanda e peticións dun colectivo que concentra en Vigo, a un importantísimo e destacado tecido atlético.