No día de hoxe un dos grandes referentes do noso deporte volvía ao tartán para tomar parte nunha competición oficial. Nada menos que dende o ano 1999 Julia Vaquero non tomaba parte en ningunha proba oficial en pista, reaparecendo no día de hoxe ca camiseta do Trega precisamente no III Torneo de Reis organizado polo Concello de Pontevedra e o Club Rías Baixas nas pistas do CGTD.
Julia quen con anterioridade manifestara que tomaba esta proba como un pequeno test, remataría a súa carreira a máis de dous minutos e medio da vencedora Branca Fernández do San Miguel de Marín, ainda que o verdadeiramente importante foi o de poder novamente presenciar as súas evolucións sobre aqueles mesmos escenarios que tantas satisfacións no deportivo lle darían tanto a ela como ao conxunto do atletismo galego.
No resto da xornada, destacar que esta proba abriu unha tempada 2021 que comeza con moitas ilusións e o non poucas incertidumes e no que xunto a reaparición da subcampioa europea de campo a través nos anos 1994 e 1996, o máis destacado foi o notable ambiente atlético vivido. A nivel de resultados individuais absolutos triunfos para Carlos Porto nos 1.500 m., Nayr Cortegoso e Martiño Salgado na lonxitude, Raquel Vila e Victor Pérez en peso, así como de Lucía Rivadulla e Jacobo Soler sobre os 200 m.
Foto Atlántico Diario