Un total de dez marchadoras e marchadores tomarán parte esta fin de semana no X Campionato de España de inverno de promoción que botará a andar no concello madrileño de Getafe a partir das 9.40 horas do sábado.
Na categoría femenina serán cinco as marchadoras que estén na línea de saída na proba dos 5 km. Sub16 entre as que cabe salientar a presenza das medallistas do último Campionato de Galicia da categoría, Aldara Meilán e Oleksandra Kostenko da Atlética Luncense e Natalia Rivas do At. Cuntis, ouro, prata e bronce respectivamente. Salomé Segade do Millaraio, e María Martín do ADAS Proinor completarán a presencia de marchadoras gelegas.
Na categoría Sub18 estará a o bronce no nacional de marcha en ruta Iria Rivas do Ria Ferrol, quen sairá acompañada por Alba Pérez do Atletismo Negreira
Xa na categoría masculina presenza destacada do subcampión de España Sub20 e Campión Galego absoluto de marcha en ruta Roberto Vieiro do A. Santiago quen sairá acompañado polo marchador da Gimnástica Roi Surribas. Na categoría sub16 o Campión Galego Pablo Sánchez da Atlética Lucense será otros dos puntos de atención nesta importante cita estatal.
Cita tamén para os e as márter
De igual modo, as mesmas pistas acollerán o XXIV Campionato de España Máster de Marcha a onde acudirán un total de catro marchadores e marchadoras. Dos ata alí deprazados, destaca a presenza na categoría M40 do Campión de España Juan Manuel Morales Velasco do Marineda como un dos favoritos ao título nacional. Xunto ao coruñés, estará marchando o tamén aspirante a medalla e subcampión nacional, José Fernández Nieves do Real Club Celta .
Xa na categoría Máster 45 tanto Emilia Rodríguez do Trega como Manuel Polo do Atletismo Narón intentaran repetir, e na medida do posible mellorar, ese bronce conseguido por ambos nos pasados Campionatos de España de Torrevieja e Antequera respectivamente.