Resultados

Composición da Asemblea Xeral da RFEA

No día de onte, celábraronse as votacións correspondentes a elección dos/as membros da Asemblea Xeeral da Real Federacion Española de Atletismo.

A votación, realizada nas 36 mesas electorais repartidas por todo o Estado, permitiu coñecer os nomes dos 65 clubs, 39 atletas, 22 adestradores/ as,10 xuíces, 3 organizadores e un representante de atletas. Os representantes elixidos xunto cos/ as 19 Presidentes/ as de Federacións Autonómicas incluídas Ceuta e Melilla e o Presidente da RFEA compoñerán a próxima Asemblea Xeral cun total 160 membros que elixirán ao futuro Presidente/a da Real Federación Española de Atletismo o vindeiro día 28 de Novembro.

Na nosa comunidade, celebrarianse eleccións tanto para as candidaturas estatais como para as autonómicas quedando configurada esa presenza galega, da seguinte maneira:

  • Estamento de clubs: ADAS Proinor, Atletismo Narón e o Club Atletismo Coruña Comarca.
  • Estamentos de atletas: Eugenia Gil e Pedro Juncal
  • Estamento de adestradores: Santiago Ferrer 
  • Estamento de xuices: Guillermo Sandino 
  • Estamento de clubs de alto nivel: Sociedad Gimnástica de Pontevedra 

Proclamación provisional de membros da Asemblea Xeral da RFEA

Compartir: