Excelente nacional para os/as Sub18

Tres medallas, (dúas de ouro e unha de prata), dazanove postos de finalistas e un récord galego, foi o balance da actuación galega nos Campionatos de España Sub18 que se desenvolveron durante esta fin de semana en Tarragona

Os triunfos viñeron da man de dúas das nosas máis prometedoras atletas nestes intres tanto no sector de triplo como na dos valos longos.

En concreto a representante do ADAS Proinor de O Barco Belén García Arias, lograría ata o momento o resultado máis importante da súa traxectoria atlética, logo de que no ano 2018 sendo Sub16, colleitara os subcampionatos nacionais de pista cuberta e aire libre nos 60 valos e nos  300 valos respectivamente. Con ese título, confírmase a súa importante evolución nunha modalidade cuxos referentes máis destacados remóntanse ata fináis dos 80 e principios dos 90 da man do internacional e campión de España Santiago Fraga

O outro título deste nacional correspondeo a Alba Cuns do Atletismo Negreira, atleta esta que xa nos ten acostumados a grandes resultados. A súa calidade e excelente mentalidade competitiva fai de Alba a representante dunha nova xeración de saltadoras que están chamadas a ser un claro referente do noso atletismo. Con este título de campioa de España, pon un punto e seguido as medallas nacionais de ouro no nacional de pista cuberta e prata de aire libre Sub16 acadadas no ano 2019, así como o bronce nacional indoor deste mesmo ano.

Por último Eric Méndez lograba a terceira das medallas para os nosos representantes logo de lanzar o seu martelo ata os 63.60 m. que lle daban o subcampionato nacional. A tempada deste lanzador está a ser sensacional, contándose por triunfos as súas participacións. Os seus resultados máis importantes ata o momento foron o campionato nacional Sub16 de aire libre, o nacional de lanzamentos longos de menores do ano 2018 e o bronce desta mesma competicón da edición 2019.

De igual modo salientamos o récord galego Sub18 para o atleta Nicolás Arias da Atlética Lucense quen nas probas combinadas lograría un excelente 5º posto acadando unha puntuación de 5.986 o que representa unha nova plusmarca galega.

Do resto de actuaciónd salientamos os postos de finalistas de:

  • Cuartos postos:

Pedro Vázquez do Real Club Celta nos 1.500 m. con 4:03.43

Hugo Vázquez do Marineda nos 110 valos con 14.47

Lola Bouza do ADAS Proinor en pértega con 3.46 m.

Xiana Lago do RIA Ferrol en peso con 12.80 m.  

Marta Neira do AVA en martelo con 48.86 m.

Victoria Eiriz da At.Lucense en disco con 36.84 m.

Paula Piñón do A.Femenino Celta en xavelina con 43.58

Nicolás Ortega do Coruña Comarca en disco con 47.18 m.

  • Quintos postos:

Nicolás Arias da E.A.Lucense en Combinadas con 5986 puntos

Lucía Sánchez del Valle da At. Lucense en combinadas con 4674 p

Iker Gonzalez da E.A. Lucense con 4:03.59

Lope Quinteiro do Vila de Cangas nos 800 m. con 2:03.03

  • Sextos postos.

Carlos López de A Gándara nos 800 m. con 2:03.19

Hugo García do Real Club Celta nos 5.000 con 15:29.47  

María Fernández do Riazor Coruña nos 400 m. con 58.55

  • Sétimos postos:

Javier Jiménez do C.A.Sada nos 100 m. con 11.25

María Pena da A. A Silva en xavelina con 37.99 m.

Tomas Lopez do C.A.Sada en pértega con 4.16 m.

  • Oitavos postos

Samuel Lema do At.Negreira en peso con 14.24 m.

Resumo actuación Galega

Compartir: