O encontro que manterá a Sociedad Gimnástica de Pontevedra e Real Club Celta na 1ª categoría da serie B será o máis emocionante dunha Copa de España de Clubs que arrincará o vindeiro día 6 de setembro no estadio madrileño de Vallermoso. Xunto aos representantes das Rías Baixas competirán formacións de Andorra, Canarias, Catalunya, Aragón e Comunitat Valenciana.
Outro dos equipos galegos masculinos clasificados por estadillo para este Campionato de España de Clubs será o Atletismo Narón quen tomará parte encadrado na 2ª Categoría da serie B.
Xa por parte dos equipos femininos, novamente a Sociedad Gimnástica estará na 1ª Categoría da serie B compitindo o día 5 de setembro en Vallehermoso, desprazándose tamén as formacións do Atletismo Feminino Celta quen participará no encontro da 2ª categoría da serie A e o ADAS Proinor que fará o propio na 2ª categoría da serie B.
O equipo galego en División de Honra do Ria Ferrol, foi un dos varios equipos que renunciou a tomar nesta Copa logo de valorar a situación sanitaria.