Resultados

O atletismo galego faise notar na Gala RFEA

Durante esta fin de semana acontecía a gala telemática da RFEA onde se darían a coñecer o nome dos estamentos atléticos máis destacados do último 2019.

Nesta votación anual que recollen os méritos e valoracións deportivas acadadas no 2019, preténdese distinguir os/as mellores nominados/as repartidos en varias modalidades que van dende atletas, adestradores, xuices, clubs, federacións e organizadores.

De novo este ano o noso atletismo, e como xa ven acontecedendo ao longo das últimas edicións, contaría cunha destacada presencia xa que serían nada menos que catro as distincións recibidas.

Na categoría máster máster masculina, José Vicente Rioseco logo da sensacional tempada lograda o ano pasado, fariase xusto merecedor desta mención que o distingue como o mellor máster anual 2019. Con esta denominación Pepín, que xa quedara finalista o ano pasado, recolle o testigo de Esther Pedrosa que o recibiría do ano 2018.

Na categoría de organizadores, novamente o Gran Premio Internacional de Marcha Cantones da Coruña-Sergio Vázquez continúa de maneira inenturrumpida sendo premiado como o mellor evento nacional da súa especialidade logo de que no ano 2015 se comezara a distinguir a esta modalidade. Con esta, o Gran Premio Cantones suma o súa enésima mención tanto nacional como mundial que o levaría xa a ser distinguido pola WA ca placa ao Patrimonio Mundial.

Na categoría Sub23 Adrián Ben convertirise por méritos propios no mellor atleta do ano 2019,  onde se tería en conta a súa impresionante traxectoria atlética que o levaría nada menos que a acadar o sexto posto na final do mundial de Qatar nos 800 m. Con este premio repite o que xa fixera Lidia Parada no ano 2015.

Por último e como colofón Ana Peleteiro convertiase na mellor atleta española absoluta do ano 2019, logro que tan só Julia Vaquero conseguiría no ano 1996. Esta importante distinción, súmase a que xa tiña nos anos 2011, 2012 e 2013 malia que nesta ocasión sendo atleta Sub20 e que a convirten na abandeirada e no referente da nova xeración do atletismo nacional. O récord nacional da riveirense do ano pasado en Glasgow de 14.73 m. tamén sería recoñocido durante esta gala.

Relación de homenaxeadas/os 2019 

Compartir: