Como todos os anos, ábrese o prazo de solicitudes para cursar estudos no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra para o curso que comeza e onde este ano as prazas ofertadas serán para o sector de lanzamentos.
Todas/os aqueles atletas interesados en optar a unha praza/bolsa deberán enviar o modelo de solicitude (anexo 1) ao correo electrónico que se especifica no citado anexo (secretaria@atletismo.gal), xunto ao seu currículo deportivo, e unha copia do expediente académico (só para o grupo de Tecnificación), ata o día 17 de xullo de 2020 ás 15:00 horas .
Tódolos atletas que fosen finalmente admitidos deberán seguir vinculados ao longo de dous anos co club de orixe, sagás acordo mutuo entre o atleta e o club.
A FGA, unha vez recibidas tódalas solicitudes emitirá unha proposta á Dirección do CGTD.