Importante Asamblea Xeral da RFEA

Na mañá deste domingo celebrouse Asemblea Xeral da RFEA baixo un ¨ histórico¨ formato telemático onde estaría presente o presidente da FGA Isidoro Hornillos

O presidente da Real Federación Española de Atletismo, Raúl Chapado, abriu a Asemblea cun emotivo minuto de silencio en recordo das vítimas que deixou o COVID-19, especialmente por todos os membros da familia atlética española.

Tras iso, Raúl Chapado comezou coa presentación do seu informe anual, desagregando en primeiro lugar a tempada 2019, na que poñería de manifesto os bos resultados internacionais, así como traballo realizado no estamento de adestradores, a calidade dos organizadores e o aumento de licenzas, os novos formatos de competicións de clubs, e o  impacto mediático a nivel televisivo a través de Teledeporte e o éxito de público in situ en Vallehermoso, A Nucía, Ourense e o Meeting de Madrid.

En canto ao ano 2020, aprobouse un orzamento de 8,5 millóns de euros, o que supón unha redución do 35% (4,5 millóns de euros) recalcando a cancelación da débeda co CSD. O mandatario do atletismo nacional  adiantaría os datos do proxecto orzamentario para 2020 explicando do mesmo xeito a proposta excepcional de realizar un Campionato de España ao aire libre cun formato diferente: “A historia lembrarao como aquela vez que se fixo o Campionato de España nunha sede, en catro estadios”.

Outro asunto central foron as medidas aprobadas de apoio e estímulo aos diferentes estamentos. O presidente presentou á Asemblea unha importante serie de medidas de estímulo para os diferentes estamentos, co obxectivo de protexer o tecido atlético e asociativo español nun momento de extraordinaria dificultade como o que se está vivindo. Pare elo preténdese seguir mantendo as distintas axudas económicas, incrementándoas con posibles liñas de bonificación, axudas e partidas adicionais.

Calendario 2020

Un dos puntos de máis interese tratados na Asemblea Xeral foi a aprobación da modificación de calendario 2020, debido á suspensión de todas as competicións a partir do 8 de marzo, a causa do COVID-19. O presidente advertiu que só se a evolución da pandemia e as medidas adoptadas polas autoridades públicas competentes permíteno, celebraranse estas competicións. Segue sendo unha prioridade a protección da saúde das persoas do atletismo. Destaca, no ano do Centenario da RFEA e da celebración da 100 edición do Campionato de España absoluto, o innovador formato que se adapta ás circunstancias actuais, do Campionato de España Absoluto e de Clubs en catro sedes (Madrid-Xetafe) o 12-13 de setembro 2020.

Por ultimo informouse que a convocatoria de eleccións á presidencia da RFEA levarase a efecto o 27 de novembro de 2020 e que o proceso electoral dará comezo o 1 de setembro.

Calendario 2020

Compartir: