O goberno anuncia un plan de desescalada para o deporte

No día de onte o Presidente do Goberno facía pública un plan de desescalada que se prolongará ata finais do mes de xuño e que afecta a todas as estructuras do Estado

Entre as medidas expostas, salientamos as distintas fases que afectan ó noso ámbito deportivo e que son as seguintes:

Fase Cero

  • Deporte federado: Adestramentos individuais de profesionais e federados. Adestramentos básicos de ligas profesionais. Actividad deportiva sin contacto
  • Deporte non federado: Actividade deportiva sin contacto (montar en bici, correr, patinar, surf, etc.) sempre que se faga de forma individual e ca protección axeitada (distancia, mascarilla en deportes non acuáticos cando sexa posible, etc.)

Fase 1

  • Deporte Federado: Apertura de centros de alto rendimento con medidas de hixiene e protección reforzadas e, si é posible, quendas. Adestramento medio en ligas profesionais.
  • Deporte non federado. Instalacións deportivas ao aire libre sen público (só para practicar deportes nos que non exista contacto: atletismo, tenis). Actividades deportivas individuais con previa cita en centros deportivos que non impliquen contacto físico nin uso de vestiarios.

Fase 2

  • Deporte federado Adestramento básico en ligas non profesionais federadas. Adestramento total en ligas profesionais. Reapertura de campionatos profesionais mediante partidos a porta pechada ou con limitación de aforo, que poden ser retransmitidos.
  • Deporte non federado: Espectáculos e actividades deportivas ao aire libre con aforo limitado, en termos similares ás actividades culturais e de lecer desta Fase. Instalacións deportivas en espazos pechados sen público (só para practicar deportes nos que non exista contacto ou o risco de contaxio sexa baixo)

Fase 3.

  • Deporte federado: Adestramento medio en ligas non profesionais e federadas
  • Deporte non federado: Espectáculos e actividades deportivas ao aire libre con aforo menos limitado, en termos similares ás actividades culturais e de lecer desta Fase. Espectáculos e actividades deportivas en espazos pechados (só para practicar deportes nos que non exista contacto ou o risco de contaxio sexa moderado; por ex. pista de patinaxe). Público limitado a 1 persoa por cada 20 m2 . Partidos cun máximo de 1/3 aforo, garantindo sempre a separación de seguridade entre os espectadores e actividades deportivas ao aire libre ou cun máximo de 1/3 do aforo de ximnasios, sen uso de vestiarios

Anexo I PANEL DE INDICADORES

Anexo II FASES

Anexo III CRONOGRAMA

Plan Transicion Nueva Normalidad

 

 

Compartir: