Resultados

Continúan as xuntanzas de traballo e planificación “post-crise” nun escenario incerto

Malia que a actividade deportiva está parada, continúan as numerosas conversas con todos os actores deportivos, políticos e sociais para contemplar a planificación e previsión dos posibles escenarios logo do paso desta importante crise de final ainda moi incerto.

A raíz do estado de alarma decretado polo goberno de España, a FGA mantivo varias reunións por vídeo conferencia coa Xunta Directiva e Comisión Delegada para informar sobre as últimas novas que se chegaban de diferentes institucións (Consello Superior de Deportes, Xunta de Galicia e Real Federación Española de Atletismo) e analizar posibles escenarios de futuro.

Así mesmo, houbo reunións por vídeo conferencia, coa Comisión de Clubs da FGA para coñecer as súas inquedanzas. A raíz de propostas que se foron formulando,  mantiveronse posteriores conversas co Xerente da Fundación Deporte Galego e o Presidente da RFEA.

Por parte da Fundación Deporte Galego, existe a intención de sacar a convocatoria de axudas aos clubs, enmarcado dentro do Plan de Patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia, neste caso, para ou exercicio 2020, aínda que non se pode precisar a cantidade dispoñible, xa que as Ligas Nacionais están suspendidas na actualidade.

Neste senso, o presidente da RFEA anunciou que este sábado terán unha reunión coa Comisión de Clubs para abordar esta mesma cuestión (posibles Ligas) tendo en conta que as comisións son consultivas, e que serán finalmente os órganos de goberno da RFEA quenes decidan.

Con anterioridade o presidente da FGA mantivo nunha xuntanza  co Secretario Xeral para o Deporte e os responsables das doce federacións deportivas galegas presentes no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) como son Atletismo, Bádminton, Judo, Kárate, Taekwondo, Loita, Remo, Piragüismo, Tríatlon, Natación, Ximnasia e Vela. Esta xuntanza continúa a liña de encontros da Secretaría Xeral con todo o tecido deportivo galego e incide na importancia da “unión e toma de decisións conxuntas” por todos os actores do deporte galego nun momento de “absoluta excepcionalidade como o que estamos a vivir”.

Jose Ramón Lete interesouse pola situación das distintas federacións, así como nas posibilidades de realizar o programa deportivo cos seus deportistas no período de confinamento establecido tras a declaración do estado de alarma polo coronavirus. Todas as federacións do CGTD, a través dos seus técnicos, teñen elaborado unha planificación e accións de adestramento para realizar na casa e orientadas á preparación física e psicolóxica dos deportistas durante o período de confinamento.

Por outra banda, Secretaría Xeral e federacións avanzan nunha serie de modificacións que realizar sobre a convocatoria de bolseiros do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para adaptar a mesma á situación de excepcionalidade.

Por outra banda, o pasado martes o Presiente da FGA, Secretario Xeral e Tesoureira, mantiveron outra reunión co Secretario Xeral para ou Deporte, acompañado de todo o seu equipo.  Analizouse a execución do convenio de colaboración do 2020; a previsión de competición de fin de tempada e inicio do 2021 e a vixencia do seguro 6-16 anos.

Nesta xuntanza moi positiva de traballo, barallaronse extraoficialmente as datas de agosto-setembro como as “posibles” ante unha recuperación de certa normalidade da situación deportiva, malia que os acontecementos e a evolución da situación  aconsellan ser tremendamente cautos neste aspecto.

Para rematar a axenda de reunións desta semana, o presidente da FGA mantivo contacto ca Comisión de Clubs e Adestradores quedando pendente para a vindeira semana as reunións cas de Atletas e Xuices.

 

,

 

Compartir: