Resultados

16 magníficas medallas no campo a través e nos lanzamentos

Destacadísimas actuacións dos nosos/as atletas que durante esta fin de semana acadarían un total de 16 medallas nos distintos campionatos de España que se desenvolverían en distintos puntos do Estado.

Para comezar no Campionato de España de clubs disputado en Soria tanto Xela Martínez da Atlética Lucense como El Medhi El Nabaoui do Atletismo Narón, proclamáronse campións de España individuais nas categorías Sub16 e Sub20 respectivamente, o que confirma a excelente traxectoria e a enorme calidade desta parexa de fondistas que está chamada a ser a cabeza visible dunha nova xeración de atletas que ben purrando moi forte.

Na clasificación por clubs o Real Club Celta na categoría Sub18 lograría o subcampionato de España grazas ó excelente traballo dos seus integrantes Hugo Martínez, Pedro Vázquez, Alex Goberna, Hugo Suárez e Mateo Rodríguez

Campionato de España de Lanzamentos longos de manores. Castellón 23 e 24 de febreiro

Neste campionato a palabra que define o comportamento dos galegos e das galegas que acudiron ata Castellón para tomar parte no mesmo é a de sobervio

Un total de tres ouros, catro pratas e cinco bronces confirman o excelente momento dun sector que está a ser un verdadeiro caldeiro de campións e campioas para o noso deporte e onde o formidable traballo dos núcleos e dos adestradores comeza a dar os seus froitos.

  • Laura Rico do Ría Ferrol, campioa  Sub16 en xavelina con 35.51 m
  • Blanca Pereira do Ourense Atletismo, campioa Sub16 de martelo con 48.32 m.
  • Eric Méndez do Real Club Celta, campión Sub18 en martelo con 63.38 m.
  • Yago Araujo Rodríguez do Real Club Celta, subcampión Sub20 de martelo con 66.16 m.
  • Irene Gómez del Valencia A., subcampioa Sub20 en martelo con 55.02 m.
  • María Pena da Atlética A Silva, subcampioa Sub18 en xavelina con 47.96 m. e novo Récord Galego Sub18
  • Nicolás García do A.Gandía, subcampión Sub20 en disco con 59.24
  • Marta Neira do A.V.A. bronce Sub18 de martelo con 56.16 m.
  • Paula Piñón do A.F.Celta, bronce  Sub18 de xavelina con 45.00.
  • Daniel Loureiro de A Silva, bronce Sub16 en xavelina con 47.05 m.
  • Daniel Mato do C.A.Santiago, bronce Sub18 en xavelina con 55.41 m.
  • Hugo Fernández do C.A.Sada, bronce Sub16 en martelo con 45.60 m.

Pola súa banda Pepe Domínguez Caballero de A Silva lograría o subcampionato nacional de lanzamentos longos que se disputou en Zuera no concurso de xavelina M45 cun mellor lanzamento de 41.46 m.

Campionato de España de Marathon. Sevilla 23 de febreiro

No campionato de España de maratón que se desenvolvería a Sevilla o domindo a actuación dos catro galegos quedaría da seguinte maneira:

  • 20º Rubén Pereira (Fisio. S.Lázaro) 2h.27:12
  • 24º Alejandro Diego (A.Narón) 2h.28:59
  • 38º Daniel Pérez (Fisio. S.Lázaro) 2h.36:56
  • 42º Pablo Carrera (Cárnicas Serrano) 2h.38:53

Compartir: