A Federación Galega de Atletismo foi convidada esta fin de semana ó IV encontro da Escola Deportiva da ONCE con atletas con diversidade visual de toda Galicia.
O Vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Jesús Vázquez quen asistiría ó acto, salientou que “ Hai que pór en valor accións deste tipo nas que logremos a inclusión de nenos dende as diferentes idades, dende a Federación Galega de Atletismo poñémonos a súa disposición para realizar todo tipo de actividades deportivas e sociais”
A actividade contou coa presencia das atletas internacionais Adi Iglesias e Jairo Salgueiro, os cales contaron as súas experiencias recentes de éxito no deporte galego e nacional onde os nosos/as atletas son todo un referente.
Dende a Federación, damos a noraboa e felicitamos á ONCE en Galicia e en especial ó seu Adestrador Maxi Rodríguez, pola coordinación deste tipo de actividades, así como a todos os profesores e monitores, que realizan este sensacional traballo.