Resultados

Os irmáns Chamosa lideran a marcha galega

Preto de cento cincuenta marchadores/as tomaron parte nesta fin de semana no XVII Campionato de Galicia de inverno de Marcha en pista que se desenvolvería nas instalacións atléticas do Concello da Pobra do Caramiñal.

O campionato que se encontraba reservado para as categorías de Sub10 ata a Máster, transcurriu con absoluta normalidade nunha mañá na que a  choiva daría tregua a todos os participantes o que facilitaría o desenvolvemento dun autonómico que “abre” a tempada dos grandes campionatos.

No tocante ós resultados, cumplíronse todos os pronósticos ó acadar os irmáns Chamosa sendos títulos tanto na categoría feminina como na masculina. A finalista no europeo Sub23 deste ano, Antía Chamosa, lograría un rexistro de 24:28.15 nunha distancia que dominaría de principio a fin e no que co novo título logrado, sitúase a tan só un de igualar a Eva Iglesias con seis campionatos. A medalla de prata foi para unha reaparecida Carmen Escariz quen faría un bo campionato marcando 25:12.97 sendo o bronce para Iria Rivas con 27:00.37.  Na categoría máster o protagonismo foi para a marchadora internacional nos anos noventa, Elena Sierra,  quen batiría ó record de España W55 cun crono de 28:35.47. De igual modo, récord galego para a marchadora do Samertolameu Teresa Salgueiro na W50 con 36:39.96

Pola súa banda Daniel Chamosa faría valer a súa calidade para impoñerse ó atleta máster internacional Juan Manuel Morales quen defendía título e que remataría na segunda posición con 22:03.80. Xunto eles ocupando podio ó Sub18 Nicolás Iglesias con 25:18.65.

O resto de gañadoras/es galegas/os da presente edición serían os seguintes:

1.000m. Marcha

  • Sub10. Alba Menán (A.Friol) 5:33.64 e Mario Costa (Sanmertolameu) 5:07.82

2.000 m. Marcha

  • Sub12. Sabela Castelo (A.V.Cangas) 10:04.19 e Mauro Alexandre (ADAS Proinor) 11:50.56
  • Sub14. María Martín (ADAS Proinor)10:24.20 e Javier Malingre (Ourense A.) 10:40.74

3.000 Marcha

  • Sub16. Salomé Segade (Millaraio) 16:19.84

5.000 Marcha

  • Sub16. Ismael Díaz (C.A.Sada) 25:21.87
  • Sub18. Alba Pérez (C.A.Negreira) 27:27.48 e Nicolás Iglesias (C.A.Santiago) 25:18.65
  • Sub20.  Iria Rivas (RIA) 27:00.37 e Pablo Sánchez (A.Lucense) 25:25.35
  • Sub23. Antía Chamosa (A.Valladolid) 24:28.15 e Dani Chamosa (S.G.Pontevedra) 21:26.25
  • Absoluto. Antía Chamosa (A.Valladolid) 24:28.15 e  Dani Chamosa (S.G.Pontevedra) 21:26.25
  • Máster 35. Juan Manuel Morales (Marineda) 22.03.80
  • Máster 40.  María Emilia Rodríguez (A.Trega) 28:55.52
  • Máster 45. Mª Carmen Jueguen (A.Ames) 36:43.62 e Manuel Polo Gundín (A.Narón) 26:34.96
  • Máster 50. Teresa Salgueiro (Samertolameu) 36.39.96 (Novo Récord Galego W50)
  • Máster 55.Rosa Sierra (C.A.Sada) 28:35.47 (Novo Récord de España W55)

Compartir: