Peleteiro, á final do mundial de triplo salto

Logo da fantástica actuación de Adrián Ben nestes mundiais, hoxe era a quenda da riveirense Ana Peleteiro sobre o foso de triplo.

A nosa representante, que acudía con moitísima motivación e ganas a este mundial, acadaría a clasificación dunha maneira brillante logo de facer tan só dous saltos de 14.11 m. e 14.23 m. rexeitando efectuar o último logo ó verse xa metida na final.

A plusmarquista española accede por segunda vez a unha final dun campionato do mundo despóis de que na última edición de Londres 2017 lograse unha sétima posición con 14.23 m.

A final (sábado ás 19.35), que se prevé aberta e emocionante, contará cunha Peleteiro intentando colleitar un novo éxito nesta tempada que engadir ó seu título de Campioa Europea de Pista Cuberta logrado en Glasgow o pasado inverno .

A mellor marca das concursantes no día de hoxe correspondería ó grupo A onde a xamaicana Ricketts chegaría ata ós 14.42 m. polos 14.31 m. da gañadora do grupo onde saltaba a galega, a venezolana e clara favorita ó título, Yulimar Rojas.

Resultados

Compartir: