23 galegas e galegos ó longo dos mundiais

En apenas uns días dará comezo o que será o maior e máis importante cita atlética da presente tempada, os XVII Campionatos do Mundo.

A esta edición acude unha selección nacional integrada por un total de 38 atletas entre os que se atopan os galegos Ana Peleteiro e Adrián Ben que coincidirán co Responsable de Marcha da RFEA Santi Pérez, a xuiz árbitro Internacional Dolores Rojas e con Frank Casañas que estrea tarefas de adestrador ca Selección colombiana.

Ó longo destas dazaoito edicións teñen sido un total de 23 atletas galegas/os (contando a presente edición) quenes acudirían á segunda cita atlética máis importante do calendario internacional logo dos Xogos Olímpicos. A maior presenza de galegas e galegos correspondería ó ano 1999 que tería na capital andaluza de Sevilla a súa sede e onde acudiron a competir un total de seis atletas. Helsinki-2005 e Pekin-2015 serán as únicas citas onde o nosos deportistas non estarían presentes.

En canto ó maior número de participacións comparten esta honra Alejandro Gómez na categoría masculina (Tokio-91; Goteborg-95; Sevilla-99 e París 2003) e Julia Vaquero na feminina (Tokio-91; Stuttgart-93; Atenas-97 e Sevilla-99) ambos con catro. Con tres están Andrés Díaz, Santi Pérez e María Abel.

No apartado de resultados os máis salientables ata o momento corresponderon ó mediofondista coruñés Andrés Díaz quen en Sevilla lograría un 5º lugar nos 1.500 m. e a da guardesa Julia Vaquero quen asinaba un 6º posto nos 5.000 m. nesa mesma cidade.

Doha-2019

Compartir: