Resultados

XXI Campionato de Europa Máster

Preto de 5.000 atletas tomarán parte en Italia do XXI Campionato de Europa Máster de Atletismo que se desenvolverá do día 5 ó 15 de setembro nas localidades de Jesolo, Caorle e Eraclea.

A esta importante citan están inscritos un total de 241 atletas españois dos que 15 corresponden a atletas da nosa comunidade. Como obxectivo, terán a difícil misión de estar preto das oito medallas acadados na última edición europea de Aarhus-2017, máxime si temos en conta as importantes baixas tanto de Rubén Diz, Basi Bernárdez como de Xosé Lois Otero Cepada.

No tocante ós que si están inscritos/as, figuran os nomes dos/as medallistas de Aarhus, Esther Pedrosa na F55 quen tomará parte nas probas dos 1.500 m., 10.000 m. e cross;  Soledad Castro na F50 do Comesaña S.C. quen toma parte de igual modo nos 10.000 e no cross; Emilia Mesa na F65 do Ourense Atletismo inscrita nos concursos dos lanzamentos de peso, disco e xavelina así como Emma Valencia da F35 do A.F. Celta quen estará presente nos valos. Teresa Castro do C.A. Noia na F50 e medallista no mundial de Polonia de inverno este ano, estará na liña de saída dos 5.000 m. e nos 10.000 m.

Na categoría masculina acuden os tamén medallistas no último mundial disputado en Málaga, Juan Morales do Marineda nos 5 e 10 km. marcha e José Santamaría do Barbanza na M70 quen tomará parte nas probas de velocidade dos 100 e 200 m. O bicampión mundial de pista cuberta este ano Lolo Penas do C.A. O Pino aspira a tres metais nos 10 km.ruta, 10.000 m. e 5.000 m.

Relación de atletas españois inscritos/as

Web Oficial

Compartir: