Guntín recibe á canteira do medio fondo galego

Un total de 89 atletas son as/os que figuran inscritas/os para tomar parte esta fin de semana no XI Campionato de Galicia de 1 km. para as categorías Sub10/12/14/16 sobre un percorrido homologado pola RFEA.

Entre os participantes destaca a presenza dos campións galegos do ano pasado na categoría Sub12, Iria Rodríguez do Club Maderas Barcia Lourenzá quen tomará parte este ano na Sub14 e de Alex Sierpes do Trega quen defende título. A actual campioa galega Sub10 Sabela Castelo do Vila de Cangas, será oura das que tomen parte sobre a categoría superior.

Tamén estarán na liña de saída varios dos medallistas da edición pasada entre os que se atopan, Elisa Morgado do Trega, Carolina Santos do Ourense Atletismo e Yeray Dacuña do Atletismo Trega.

A cita será no concello lucense de Guntín a partires das 11 horas.

Do mesmo modo, tamén poderemos presenciar a disputa do I Campionato provincial de Milla en Ruta e cuxa primeira proba dará comezo ás 12:30 horas.

Compartir: