O vindeiro dia 14 de agosto as 18:00 horas nas Pistas Municipais de San Pedro de Marín, arrincará o I Meeting Internacional Rías Baixas baixo a organización do Concello de Marín, Federación Galega de Atletismo e os Clubs de Atletismo Rías Baixas, San Miguel de Marín e Club Deportivo Pinarium.
Segundo o seu impulsor Gonzalo Méndez “Un dos seus obxectivos será o de que varios dos atletas asistentes atopen nesta cita unha oportunidade para acadar mínimas que lles permitan acudir ó mundial de Doha. Para elo contaremos ademáis de con probas de moito nivel, ca asistencia de atletas internacionais doutros países o que sen lugar a dúbidas dalle a esta proba un carácter único para poder disfrutar do bo atletismo”
Ademáis do aspecto deportivo, este meeting servirá para homenaxear a José Luis Torrado “O Bruxo” nun acto no que estarán presentes a meirande parte dos atletas olímpicos galegos así como personalidades do mundo do social e do político desprazados expresamente para este acto.
A pasarela de inscripcións para tomar parte neste meeting, estará aberta ata o día 10 de agosto no enlace da RFEA https://isis.rfea.es/sirfea2/