Resultados

14 medallas nos nacionais Sub20 e Sub16

Un total de 14 medallas (4 ouros, 7 pratas e 3 bronces) 25 finalistas, tres récords galegos e un igualado, foi o balance final para os galegos/as que tomaron parte durante esta fin de semana nos Campionatos de España Sub16 e Sub20 que se desenvolveron en Xixón e Granollers respectivamente.

Os títulos nacionais na categoría Sub20 virían da man de Ivanna Carolina Román do Ría Ferrol – CCA quen no seu quinto intento mandaría a xavelina ata os 43.74 m. a máis de tres metros da segunda clasificada. Na categoría Sub16 destacamos os concursos de triplo e martelo feminino onde as dúas primeiras posicións dos podios corresponderon a atletas galegas. En concreto en triplo a atleta do Ría Ferrol – CCA Diaou Diallo proclamaríase campioa de España cun salto de 12.33 m. (igualando o récord galego) e na que a segunda posición correspondeu para Alba Cuns do Atletismo Negreira con 12.04 m. Mesmas posicións no concurso de martelo onde unha destacadísima Marta Neira do AVA, lanzaría ata os 48.48 m. para proclamarse campioa nacional estando acompañada no segundo caixón do podio pola atleta do Ourense Atletismo Blanca Pereira con 46.36 m. o que serviría para dar as galegas o segundo “doblete” do campionato.

Pedro Vázquez sería o outro dos flamantes campións de España, malia que neste caso sobre a  proba  dos 3.000 m. O atleta do Real Club Celta nunha carreira moi emocioante completaría a distancia cun crono oficial de 8:53.04.

Na lonxitude Sub20, Olaia Gisela Becerril do A.F. Celta tería que ceder ante a sensación do atletismo nacional do momento, María Vicente (quen lograría o récord do campionato con 6.47 m.) para rematar na segunda posición cun formidable salto de nada menos que 6.09 m. o que representa un novo récord galego Sub 20 e Sub23 para a internacional celeste. Roberto Vieiro do Atletismo Santiago, continúa ca súa importante evolución na proba de marcha que o levaron desta vez ata acadar o subcampionato nacional nos 10.000 da especialidade cun rexistro de 45:31.06

Unha proba importante que centrou todo o interese, serían os 800 m. na que tanto Elian Numa López do Coruña Comarca como Raquel Meaños do Valencia Esports con 1:54.37 e 2:07.38 respectivamente repetirían podio con respecto ó ano pasado, acadando sendos subcampionatos.

No lanzamento de disco Nicolás García do Real Club Celta nunha categoría na que faría o seu debut, lanzou ata os 53.87 m. igualando o bronce que xa tivera o ano pasado no nacional Sub18. Mesmo caso para unha destacada Sara López da Atlética Lucense (campiona nacional Sub18 do ano pasado) quen logrou o bronce logo de pulverizar a súa MMP con 10:03.30.

Por último na categoría Sub16, Lucía Sánchez del Valle refrendaría a excelente tempada que está a realizar ca medalla de bronce no extahlon, onde a lucense do Franciscanos acadaría unha puntuación total de 3.833 puntos que supón ademáis, un novo récord galego Sub16.

Do resto, salientamos os seguintes postos de finalistas:

Categoría Sub16. 5ª Sofia Campos (Millaraio) 3.000 marcha con 14:26.92; 6º Aarón  Otero (A.V.Cangas) peso con 13.61 m.; 6ª Laura Carracedo (C.A.Estrada) 1.500 obstáculos 5:15.10; 7º Aarón  Otero (A.V. Cangas) no martelo con 47.09; 7º Daniel Loureiro (A Silva) na xavelina con 46.04 m.; 7ª Isabel Caeiro (Franciscanos) nos 1.500 obstáculos con 5:18.18; 7ª Erea Bastón (A.V.Cangas) no disco con 32.83 m.; 7ª Xiana Lago (independente) en peso con 11.62 m.; 8ª Laura Rico (Ría Ferrol-CCA) na xavelina con 31.55 m.; 7ª Degnesh Mato (Millaraio) nos 1.000 m. con 3:04.06; 8º Sergio González (A.Barbanza) na xavelina con 44.02 m.e 8º Noel Neira (Coruña Comarca) nos 300 m. con 37.99;

Categoría Sub.20 4ª Lucía Rivadulla (Ría Ferrol-CCA) nos 400 valos con 1:01.05;  5ª Iria Rivas  (Ría Ferrol-CCA) nos 10.000 marcha con 53:36.98; 6ª Lucía Ferrer (S.G.Pontevedra) nos 100 valos 14.86; 6º Yago Araujo (R.C.Celta) no martelo con 58.62 m.; 6º Marcos Bouza (R.C.Celta) no disco 43.76 m.; 7º Pablo Saa (R.C. Celta) no triplo con 14.03 m.; 7ª Patrice Viadel (C.A.Santiago) nos 3.000 obstáculos con 11:30.46; 7ª Patricia Correa (A.F.Celta) no martelo con 44.98 m.; 7ª Claudia Torres (Ría Ferrol-CCA) nos 200 m. con 25.60; 7ª Eva Queimaño (A.F.Celta) no heptathlon con 4.402 puntos; 7ª Lucía Sicre (Ría Ferrol-CCA) nos 800 m. con 2:18.06; 7º Cristina Freire (A.V.Cangas) no disco con 36.68 m. e 8º Juan Piñeiro (A.V.Cangas) na lonxitude con 6.65 m.

Resultados Campionato de España Sub16. 2019

Resultados Campionato de España Sub20. 2019

Foto de Marta Neira,  campioa de España Sub16 de martelo

Compartir: