Resultados

O mundial de pista cuberta agarda ás/ós nosos Máster

Once serán o total de atletas galegas/os quenes tomarán parte no VIII Campionato do Mundo de Pista Cuberta Máster que durante os días do 24 ó 30 de marzo disputarase na cidade polaca de Torun.  A ela acudirán un total de 4.330 inscritos de 88 países sendo a delegación española con 287 a cuarta máis numerosa.

Entre as galegas e galegos viaxarán varios das/os medallistas do último Campionato de Europa Máster disputado o ano pasado en Madrid e no cal, lograraríanse un total de 26 medallas. Dos citados, destaca a participación da tricampioa continental Esther Pedrosa,  quen acaba de ser elexida mellor atleta Máster nacional, e que tomará parte nas probas dos 1.500 m., 3.000 m. e 8 km ruta. Xunto ela estarán do mesmo modo Emma Valencia do A.F. Celta na F35 tomando parte sobre os 60 m.v.; Miguel López do Marineda na M60 nos 60 m.v.; Basi Bernárdez da A.A Silva na M45 na lonxitude; Javier Cid do Salamanca na M40 no martelo e Miguel Gómez do Celta na M35 sobre os 200 m.

A maiores completan a expedición Lolo Penas, Soledad Castro, Luz María Domínguez, Teresa Castro e Domingo Alvarez.

Relación de atletas galegas/os que tomarán parte no Campionato do Mundo de Pista Cuberta – Polonia 2019

Web oficial do Campionato

Compartir: