Resultados

Os Sub16 pechan a pista cuberta en Sabadell

A última gran cita da pista cuberta a nivel nacional da tempada, chega esta fin de semana ca disputa do Campionato de España Sub16 que desenvolverá a instalación cuberta de Sabadell.

Varias/os serán as/os atletas da nosa comunidade que tomen parte neste campionato. Entre eles atópase Pedro Vázquez do Real Club Celta, claro favorito a facerse co título nos 3.000 m. grazas ó seu rexistro de 9:01.01 que o sitúan de líder nacional. Xunto el estará competindo Antón Martínez da Atlética Lucense, que terá como un dos seus obxectivos ós postos importantes da proba.

Luan Henrique do ADAS Proinor  intentará estar en postos de finalista nos valos ó igual que Aarón Otero do Vila de Cangas no concurso de peso onde ten acreditados 13.76 m.

No concurso de altura a tamén lucense do Franciscanos Enma Sighuang Pérez,  loitará por mellorar o seu rexistro personal de 1.61 m. o que podería colocala na loita directa polos metáis. Da mesma maneira, agárdase un bo concurso en peso de Xiana Lago da A. Deportiva Olimpia onde loitará por mellorar os seus 11.87 m desta tempada.

Lucia Sánchez del Valle que está a facer unha excelente tempada invernal, centrarase nas combinadas onde conta con serías posibilidades de ser medallista grazas ós seus 3.216 puntos.

Por último a proba de triplo terá en Alba Cuns do Atletismo Negreira a súa protagonista. O posto no ránking nacional, que lidera con 11.72 m., e a súa regularidade, na que conta as súas actuacións por victorias este ano na pista cuberta, fan dela unha seria candidata ó titulo de campioa nacional.

Campionato de España de Pista Cuberta Sub16 2019

Compartir: