O día 4 de decembro o Consello da IAAF xuntado en Mónaco, acordou aprobar a composición do novo panel de Xuíces de Marcha para o período 2019/2022 e na que figura a xuíz Dolores Rojas Suárez logo de superar con éxito as distintas reválidas. Con esta confirmación, a coruñesa que leva instalada no mesmo de maneira inenterrompida dende o ano 2002, continúa no máximo nivel outros catro anos máis.
Ca publicación deste novo panel, confírmase así mesmo ó Xuíz Guillermo Sandino, no Panel Europeo para o mesmo periodo.