Resultados

Ourense prepárase para a súa San Martiño

Continuando co calendario de probas oficias de ruta da Federación Galega de Atletismo, esta semana contamos coa celebración doutro dos grandes eventos autonómicos, a tradicional Carreira do San Martiño.

Será o domingo cando arrinque a edición número cuarenta e dúas desta clásica que conta cunha ampla participación de atletas que sobrepasará os 11.000 inscritos. A proba, organizada polo Consello Municipal de Deportes de Ourense e Federación Galega de Atletismo, celebrarase este domingo día 18 ás 11:00 horas ca tradicional saída da Ponte do Milenio sobre unha distancia homologada de 10 km.

A esta cita acudirán os mellores especialistas galegos do momento entre os que se atopan tanto Paula Mayobre como Alex Fernández, que veñen de estar competindo a un altísimo nivel nas últimas citas. Lembramos que o ourensán defende o título acadado o ano pasado contando da mesma maneira ca gañadora feminina a lucense, pero con ficha asturiana, Marta Casanova.

Ademáis da carreira absoluta, contarase con varias probas de menores cunha amplísima participación, dando comezo as 12:30 h.

Regulamento

Facebook Carreira do San Martiño

 

 

Compartir: