Resultados

28 galegas e galegos no top 5 do Ranking nacional

A falta de pouco máis de dez días para que comece oficialmente a nova tempada atlética 2018/2019, facemos un repasamo polo ranking nacional onde atopamos a un total de 28 atletas ocupando os cinco primeiros postos de honra nas distintas probas do calendario de probas atléticas.

Son nos concursos onde os nosos e nosas atletas acadan un maior protagonismo. En concreto, nos saltos, as internacionais Ana Peleteiro en triplo e Saleta Fernández en altura ocupan e lideran as primeiras posicións dos mesmos, sendo en homes o olímpico Jean Marie Okutu en lonxitude quen fai o propio ca súa especialidade logo de rebasar a barreira este ano dos oito metros por un só centímetro. Os lanzamentos continúan sendo un sector punteiro no noso deporte onde contamos ca xavelinista Lidia Parada quen lidera o sector con 61.25, e na que tanto Belén Toimil en peso con 16.49, como Frank Casañas en disco con 59.93 ocupan un posto máis abaixo do escalafón.

As carreiras teñen a Elian Numa encabezando a proba non olímpica, pero non por elo menos meritoria, dos 500 m. sendo Eva Arias nos 2.000 obstáculos quen se atopa nun destacado segundo lugar do ranking.  Son varios os atletas que figuran neste top 5 en máis dunha proba como é o caso da mundialista Solange Pereira quen aparece no posto tres dos 1.500 m. e no posto dous da milla. De igual modo tanto Esther Navarrete 2ª nos 5.000 m. e 5ª nos 3.000 como Adrián Ben, 3º nos 3.000 m., 4º nos 800 m. e 5º nos 1.500 m. completan esta lista.

Manuel e Héctor Rodríguez, nos 2.000 m., Mauro Triana nos 300 m. e Paula Mayobre nos 3 km. ruta forman parte desta selecta lista na que se accede ata os tres primeiros lugares do ranking.

O resto de sectores ata completar o total, está integrado por atletas que tomaron parte nas probas de relevos, saltos, fondo e medio fondo

Relación de atletas galegos top 5

 

Compartir: