Continúan os excelentes resultados para as nosas e os nosos atletas no Campionato Mundial Máster que se está a desenvolver en Málaga. Ó título sumado por Nacho Fernández en martelo no primeiro día, súmaselle o de Esther Pedrosa quen na proba de Campo a Través Máster 55 lograría un novo triunfo que engadir ó seu importante palmarés e que a conducirían este ano a lograr nada menos que tres ouros e un bronce nos europeos de pista cuberta celebrados en Madrid.
No resto de actuacións galegas salientar o subcampionarto mundial de Juan Morales na proba dos 5.000 m. marcha logo de establecer un rexistro de 22:03.71. O atleta do Marineda cedería tan só ante o inglés Dominic King.
Continuando co resto de medallas e xa na categoría por equipos de campo a través, bronce (Máster 60) para Carmen Novo Varela e prata (Máster 50) para Teresa Castro Villaverde que completarían o medalleiro galego ata o momento.