Saltar ao contido
Campionato Internacional

Adrián Ben, instálase en Europa

Continúan desfilando pola capital alemana os distintos atletas galegos que toman parte no Campionato de Europa de Atletismo.

Logo de que o marinense Jean Marie Okutu non poidera acceder a final de lonxitude por tan só cinco centímetros, hoxe continuamos con presencia galega no Estadio Olímpico.

As 12:15 horas será unha das xoias do atletismo galego, Adrián Ben Montenegro, quen faga a súa presentación na élite continental na proba raíña do medio fondo, os 1.500 m. Malia tratarse dun atleta Sub23, o viveirense coñece o sabor do éxito internacional grazas ó bronce do Europeo da súa categoría en Grosseto cun rexistro de 3:57.32 do ano pasado.

A esta cita acude con moitísimas ganas e motivación logo de ter gañado a pulso a súa presencia na cidade berlinesa. O seu obxectivo principal será intentar mellorar os 3:39.40 de MMP e de acumular experiencias nunha cita que marcará un antes e despois no ciclo atlético do que está chamado a ser un dos referentes do medio fondo internacional.

Series Semifinais

Compartir