Resultados

Marcas, récords, distincións e títulos nunha fin de semana moi fructífera

Interesantísima e positiva fin de semana a que nos deixarían as distintas actuacións que se viñeron desenvolvendo por parte dos nosos atletas tanto a nivel galego, nacional como a nivel internacional.

Para comezar, contamos ca participación do atleta do C.D. San Paio a Estada El Mehdi El Nabaoui quen se estrearía ca selección nacional tomando parte no Campionato Mundial de Campo a Través ISF (Escolar Sub-18) que se desenvolvería na capital francesa de París. A súa estrea non puido ser máis meritoria xa que entraría nun fantástico posto dazaoito da xeral, (oitavo se temos en conta os da súa idade) e contribuiría a que o combinado nacional ocupara por equipos a cuarta posición.

Si esto pasaba en París, na localidade californiana de Palo Alto, Carmela Cardama debutaría na distancia dos 10.000 m. a comezos deste mes, invertindo un excelente rexistro de 33:36.73 o que a converten nunha das mellores marcas españolas sub-23 de todos os tempos e que a fan liderar o ránking nacional.

Xa noutro escenario, importante presenza de galegos na localidade lusa de Río Maior para tomar parte no seu XXVII Gran Premio Internacional de Marcha na que de novo os nosos marchadores acadarían excelentes resultados. Roberto Vieiro do C.A. Santiago proclamaríase vencedor nos 5 km. con 22:16 (MMP) ó mesmo que a pontevedresa Antía Chamosa quen cun rexistro de 47:51 no só gañaría a proba dos 10 km., senón que ademáis este resultado supón un novo récord galego sub-20 e sub-23 que mellora o que ela mesma tiña e que a fan liderar o ránking RFEA sub-20.

Tariku Novales, sería outro dos nomes propios da fin de semana por partida dobre. O de Noia proclamaríase o sábado Campión de España sub-23 no Trofeo Ibérico que se disputou en Braga logo de establecer un rexistro de 29.31.65 que o sitúan ó fronte do ránking nacional da súa categoría. Da mesma maneira sería premiado na Gala Anual da RFEA como mellor atleta sub-23 do ano pasado grazas en parte, a ese importante subcampionato de Europa sobre os 5.000 m. logrado na localidade italiana de Grosseto. Nesta mesma gala sería homenaxeado o XXXI G.P. Cantones de Marcha Atlética Cantones da Coruña da súa edición do ano pasado, como mellor proba a nivel organizativo de ruta.

Xa en canto a actividade autonómica desenvolta, interesante xornada a vivida en Pontevedra co Campionato de Galicia de Probas combinadas por clubs e máster na que a Sociedad Gimnástica de Pontevedra acadaría o triunfo nas mulleres correspondendo o subcampionato para o Millaraio. En homes, título para o Atletismo Narón sendo Gimnástica e Millaraio segundos e terceiros respectivamente.

Nos máster da mesma maneira, os triunfos serían para: Cristina Estévez do A.F. Celta con 3.676 p. na W-40, (Récord Galego de combinadas así como dos 80 m.v. con 14.32)  Araceli Salgueiro do Sanmertolomeu con 3.877 p. en W-45 (Récord Galego), Carlos Ferrer do Atletismo Narón con 4.357 p. na M-55 e de Luis Manuel Eyre do Universidade de Santiago con 2.459 p. na M-65.

As mesmas instalacións do CGTD desenvolverían o domingo o II Trofeo de Marcha Atlética da Deputación de Pontevedra na que se producirían actuacións destacadas como os 26:13.83 de Inés Valentín do Ourense Atletismo nos 5.km.

Por último a capital galega celebraría o Campionato de Galicia de Milla en Ruta ca participación dun importante número de atletas que acollería con excelente aceptación esta edición e na que a xoven promesa Raquel Meaños imporíase na categoría feminina cun rexistro de 5:24 conseguindo Gonzalo Basconcelo do R.C. Celta o campiónato galego masculino con 4:27. Xunto eles no caixón do pódio estarían Lucía Sicre, Eva Cid así como Fernando Vales e Luis del Río por parte masculina.

Na imaxe podio do campionato Galego de Milla en Ruta. Foto La Voz de Galicia.

Compartir: